Que é a regulamentación extraordinaria?

É un proceso excepcional dirixido ás persoas migrantes que se atopan en situación irregular ou solicitantes de Protección Internacional en España, e que chegasen antes do 1 xaneiro de 2026.

Este programa está deseñado para recoñecer a contribución de miles de persoas que xa forman parte da nosa sociedade.

  • Residir e traballar polo menos un ano.
  • Acceso a servizos sociais e sanitarios.
  • Integración social e laboral.

Preguntas frecuentes (FAQ)

As notificacións enviaranse ao domicilio ou canle de comunicación indicado na solicitude. Se optaches por medios electrónicos, realizaranse a través da Dirección Electrónica Habilitada (DEHú).É
fundamental que os datos de contacto sexan correctos.

Os tempos de tramitación poden variar e non seguen unha orde estritamente cronolóxica. Aínda que existan expedientes posteriores con avances, non implica incidencia no seu.
Pode consultar o estado en https://infoext2.delegaciondelgoberno.gob.es/infoext2 / e, en caso necesario, achegar documentación ou solicitude de información adicional por MERCURIO (sen cita).Recoméndase
non duplicar solicitudes.

Se xa dispón de NIE, pero non recibiu a carta de admisión a trámite, debe comprobar o estado en https://infoext2.delegaciondelgoberno.gob.es/infoext2 / xa que a admisión pode figurar no sistema, aínda que non recibise a notificación.

A autorización provisional para traballar comeza desde esa admisión a trámite, que se comunica no procedemento. Se non aparece, pode comunicar a incidencia en https://centrodeservicios.redsara.es/axuda/consulta/ExtranjeriaREG indicando o seu número de expediente.

Debe achegar a documentación que che solicita a Administración dentro do prazo indicado na notificación.Pode
facelo de forma preferente a través de MERCURIO (sen cita previa) ou, de maneira alternativa, de forma presencial nunha oficina de Correos habilitada.Para
a achega de documentación adicional non necesitas cita previa en Correos.

O prazo indícao a comunicación da Administración que recibises. É importante respectalo e presentar a documentación dentro dese período para evitar posibles problemas na tramitación do teu expediente.

Si, e asígnase de oficio ás solicitudes admitidas a trámite para persoas que non o tivesen previamente.É
importante sinalar que o NUSS non é o mesmo que a alta na Seguridade Social, senón un identificador persoal.

A taxa abóase mediante o modelo 790, código 052 e pode pagarse de forma telemática ou presencial en entidades bancarias autorizadas. É necesario dispoñer de NIE nunha oficina de Correos habilitada.

Debes solicitar a Tarxeta de Identidade de Extranjiro (TIE) no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

Non, o permiso non é renovable e ten unha vixencia de 1 ano, polo que se terá que modificar a unha autorización de residencia en liña ao establecido no artigo 191 do Regulamento de Estranxeiría.

Máis información

Documentos de interese

Follas informativas

Formularios

Se despois de ler toda esta infomación aínda tes algunha dúbida específica, podes facela a través do seguinte formulario.

Estado actual do proceso

Que facer agora?

Ligazóns de interese