Sistema de Acollida de Protección Internacional e Temporal

Entidades colaboradoras

Os servizos e actuacións no ámbito da protección internacional poden ser prestados, por entidades especializadas, logo do oportuno procedemento de autorización xestionado pola Dirección Xeral de Atención Humanitaria e do Sistema de Acollida de Protección Internacional polo que se comproba o cumprimento dos requisitos do artigo 5 e 6 da Orde ISM/680/2022, do 19 de xullo.

A partir do 1 de xaneiro de 2023, os servizos e actuacións a prestar por estas entidades xestiónanse, con carácter estrutural, a través de acción concertada. Só aquelas entidades están autorizadas poden prestar servizos e actuacións no Sistema de acollida de protección temporal e internacional.

A solicitude para autorizar a prestación de servizos e actuacións no Sistema de Acollida de Protección Internacional e Temporal, mediante acción concertada, debe remitirse a través da Acción Concertada de Protección Internacional (Sede electrónica do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións).

Unha vez acreditados os requisitos, as entidades solicitantes poderán obter unha autorización de acción concertada por unha duración de entre dous e catro anos, a cal pode ser prorrogada por mutuo acordo das partes polo mesmo período do acordo inicial.

Na actualidade, as entidades autorizadas e asignadas na Acción Concertada de Protección Internacional son:

Cruz_Roja
Cear
Accen
cepaim
Moviniento_por_la_paz
Diaconia
R_ONG
San_Juan_de_Dios
Nova_vida
Cesal
Columbares
YMKA
Salesianas
creando_pegadas
red_acolle
Adoratrices
apip-acam
Provivenda
Amaranta
Fillos_de_la_caridade
la_mercé
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS
EMETARCOIRíS

Para calquera consulta sobre acción concertada pode dirixirse a accionconcertada.pi@inclusion.gob.es