Atención humanitaria

Atención humanitaria

Como funciona

O Programa de Atención Humanitaria está dirixido a atender as necesidades básicas das persoas inmigrantes en situación de vulnerabilidade pola deterioración física e a carencia de apoios sociais, familiares e medios económicos, que chegan ás costas españolas ou acceden ao noso país vía terrestre, polas cidades de Ceuta e Melilla. Ademais, este tamén contempla o desenvolvemento de servizos de atención socio-sanitaria de urxencia, acollida, subministración de material para cubrir necesidades básicas, axudas económicas básicas e traslados.

Este programa xestiónase pola Dirección Xeral de Atención Humanitaria e Inclusión Social da Inmigración, no ámbito da Secretaría de Estado de Migracións, e finánciase con medios propios a través dos Orzamentos Xerais do Estado.

Os servizos que inclúe o Programa de Atención Humanitaria son:

  1. Servizo de acolleda.Financia aloxamento, manutención e outras atencións básicas aos beneficiarios finais. Inclúe, entre outros:
    • Aloxamento e manutención
    • Entrega de material básico de aseo e hixiene persoal, vestido, calzado e un botiquín
    • Atención sanitaria básica
    • Información, orientación, asesoramento e apoio social, cívico, sanitario e legal
    • Información sobre acceso a outros recursos públicos e privados
    • Apoio psicolóxico
    • Apoio no restablecemento de contacto familiares e sociais
    • Valoración de circunstancias persoais e detección de vulnerabilidades; e derivación a prazas específicas de atención segundo as necesidades detectadas
    • Formación en idioma e alfabetización
  2. Ocúpase da derivación dos beneficiarios do Programa de Atención Humanitaria á entrada e saída dos recursos, así como entre os dispositivos de acollida
  3. Servizo de atención a grandes cidades.Pon a disposición diferentes recursos con capacidade para articular atención e pernoita, previamente habilitados e con tempo curto de estancia
  4. Servizo de atención a costas ou por vía terrestre.Atende situacións de emerxencia humanitaria derivada da chegada de migrantes de forma irregular
  5. Servizo de atención sociosanitaria en Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI).Inclúe información e intervención social, atención sanitaria, psicolóxica e xurídica, tradución e interpretación, formación, lecer e tempo libre.

Ademais, cabe sinalar a existencia doutros subservizos que igualmente forman parte do Programa de Atención Humanitaria:

  1. Servizo de acollida integral.Cobre as necesidades básicas de aloxamento e manutención e dota dunhas mínimas ferramentas sociais aos beneficiarios
  2. Servizo de acollida en Centros de Acollida de Emerxencia e derivación (CAED).Articúlase como un servizo de emerxencia estrutural e permanente
  3. Servizo de acollida de emerxencia.Articula dispositivos temporais de emerxencia con carácter extraordinario reforzando o Programa de Atención Humanitaria en caso de chegadas a costas e/ou sobreocupación das prazas de acollida

Persoas beneficiarias

Considéranse beneficiarios das actuacións incluídas no Programa de Atención Humanitaria, así como dos recursos de acollida previstos nel, aquelas persoas migrantes en situación de vulnerabilidade debido á deterioración física ou psíquica e á carencia de apoios sociais, que cumpran cos seguintes requisitos:

  1. Carecer de recursos para atender as súas necesidades e as da súa familia, porque non dispoñan de ingresos ou porque non superen os establecidos para o programa
  2. Ter chegado ao noso país de maneira irregular, ben sexa a través das costas españolas ou por acceso a Ceuta e Melilla

Así mesmo, o Programa de Atención Humanitaria prevé un ingreso extraordinario para aqueles que reúnan, entre outros, os seguintes criterios de vulnerabilidade:

  • Persoas con discapacidade
  • Persoas de idade avanzada
  • Mulleres embarazadas
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Persoas con menores a cargo
  • Posíbeis vítimas de tráfico de seres humanos
  • Persoas con enfermidades graves ou necesidade de tratamento médico
  • Persoas con trastornos psíquicos
  • Vítimas de tortura e de formas graves de violencia psicolóxica, física ou sexual


Entidades do Programa de Atención Humanitaria

Segundo o Real Decreto 220/2022, do 29 de marzo, que aproba o Regulamento do sistema de acollida en materia de protección internacional, a xestión de programas de atención humanitaria do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, realízase mediante acción concertada.

Este novo mecanismo de xestión ten como finalidade incrementar a eficiencia no funcionamento do Programa de Atención Humanitaria sen excluír a flexibilidade necesaria para adaptarse a un contexto dinámico por natureza. Nos últimos anos, o número de chegadas de persoas migrantes con necesidade de ser atendidas polo programa incrementouse de forma constante.

Ademais, a Dirección Xeral de Atención Humanitaria e do Sistema de Acollida de Protección Internacional é o órgano competente para planificar e seleccionar as actuacións, prestacións e servizos a atender mediante acción concertada para a xestión do programa en cuestión.

Neste sentido, cabe salientar que o Programa se leva a cabo a través de 13 entidades acreditadas e o servizos que prestan as mesmas establécense na Resolución do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Atención Humanitaria e do Sistema de Acollida de Protección Internacional, pola que se establece a planificación de actuacións, prestacións e servizos que deben atenderse dentro do programa de atención humanitaria mediante acción concertada para os exercicios 2023-2026

Requisitos de documentación,

Para máis información:accionconcertada.ah@inclusion.gob.es