Folla 63- Tarxeta de residencia permanente de familiar de cidadán da Unión Europea

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

*Nota importante:

A persoa estranxeira que teña cunha persoa de nacionalidade española unha relación familiar poderá acudir pola vía de familiar de comunitario sempre e cando exercese o dereito á libre circulación.Para iso, deberá presentar a solicitude no modelo oficial EX19.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Cidadáns aos que lles é de aplicación
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento


Ciudadanos a los que les es de aplicación

Terán dereito a residir en España con carácter permanente os familiares de cidadán español ou doutro Estado membro da Unión Europea, ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza, que non teñan a nacionalidade dun dos ditos Estados, que cumpran os requisitos que se describen.

Enténdase por familiares:

  1. Ao cónxuxe, sempre que non recaese o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial ou divorcio.
  2. Á parella coa que manteña unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público establecido para estes efectos nun Estado membro da Unión Europea ou nun Estado parte do Espazo Económico Europeo, e sempre que non se cancelase a dita inscrición, o que deberá ser suficientemente acreditado. As situacións de matrimonio e inscrición como parella rexistrada consideraranse, en todo caso, incompatibles entre si.
  3. Aos seus descendentes directos, e aos do seu cónxuxe ou parella rexistrada sempre que non recaese o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou se cancelase a inscrición rexistral da parella, menores de vinte e un anos, maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo ou incapaces. Entenderase que están a cargo aqueles familiares cuxo sostén económico o proporciona o cidadán da Unión e necesitan axuda material para cubrir as súas necesidades básicas.
  4. Aos seus ascendentes directos, e aos do seu cónxuxe ou parella rexistrada que vivan ao seu cargo, sempre que non recaese o acordo ou a declaración de nulidade do vínculo matrimonial, ou divorcio, ou se cancelase a inscrición rexistral de parella. Entenderase que están a cargo aqueles familiares cuxo sostén económico o proporciona o cidadán da UE e necesitan axuda material para cubrir as súas necesidades básicas.
  5. Aos membros da súa familia que no país de procedencia estivesen ao seu cargo ou vivisen co cidadán da Unión
  6. Aos membros da súa familia que por motivos graves de saúde ou de discapacidade sexa estritamente necesario que o cidadán da Unión se fixese cargo do seu coidado persoal
  7. Á parella de feito non inscrita coa que manteña unha relación estable debidamente probada ao acreditar a existencia dun vínculo duradeiro
  • ESTADOS MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA E ESTADOS PARTE NO ACORDO SOBRE O ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO
      • Alemaña
      • Austria
      • Bélxica
      • Bulgaria
      • Chipre
      • Croacia
      • Dinamarca
      • Eslovaquia
      • Eslovenia
      • España
      • Estonia
      • Finlandia
      • Francia
      • Grecia
      • Hungría
      • Irlanda
      • Islandia *
      • Italia
      • Letonia
      • Liechtenstein *
      • Lituania
      • Luxemburgo
      • Malta
      • Noruega *
      • Países Baixos
      • Polonia
      • Portugal
      • R. Checa
      • Romanía
      • Suecia
      • Suíza *

*Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

*Acordo do 21 de xuño de 1999, entre a Comunidade Europea e a Confederación Suíza, sobre libre circulación de persoal.


NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva 2004/38/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativa ao dereito dos cidadáns da Unión e dos membros das súas familias a circular e residir libremente no territorio dos Estados membros.
  • Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
  • Orde PRE/1490/2012, do 9 de xullo, pola que se ditan normas para a aplicación do artigo 7 do Real decreto 240/2004, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.



REQUISITOS

  • Poder acreditar un dos seguintes supostos:
  • SUPOSTO 1:ser membro da familia e ter residido legalmente en España durante un período continuado de cinco anos, sempre que se manteña o vínculo familiar que lle deu dereito á residencia inicial, e que o cidadán da Unión, español ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza cumpra unha das condicións seguintes:
  • Ser e ser traballador por conta allea en España, ou
  • Ser e ser traballador por conta propia en España, ou
  • Dispoñer para si e os membros da familia recursos económicos suficientes para non converterse nunha carga para a asistencia social de España durante o seu período de residencia. Tamén deberá acredita-la tenza dun seguro de enfermidade público ou privado, contratado en España ou noutro país, que proporcione cobertura en España equivalente á proporcionada polo Sistema Nacional de Saúde. A valoración da suficiencia de medios económicos efectuarase de maneira individualizada e, en todo caso, tendo en conta a situación persoal e familiar. Considerarase acreditación suficiente para o cumprimento deste requisito a tenza de recursos que sexan superiores ó importe que cada ano fixe a Lei de orzamentos xerais do Estado para xera-lo dereito a recibir unha prestación non contributiva. Ou..
  • Ser e ter sido estudante e estar matriculado nun centro público ou privado recoñecido ou financiado pola administración educativa competente para cursar estudos ou formación profesional, así como contar cun seguro de enfermidade público ou privado contratado en España ou outro país que proporcione cobertura completa en España e declaración responsable de que posúe recursos económicos suficientes para si e os membros da súa familia para non converterse nunha carga para a asistencia social de España.
  • SUPOSTO 2:ter residido en España como membro da familiar de cidadán da Unión que fose traballador por conta allea ou propia,e adquirise o dereito a residencia permanente antes de que finalice o período de residencia de cinco anos.
  • SUPOSTO 3:manter o dereito de residencia baixo o réxime de cidadáns da Unión a título persoal:
    • Por falecemento do cidadán da Unión, sempre que o familiar residise en España, en calidade de membro da familia, antes do falecemento do titular do dereito.
    • Por nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou cancelación da inscrición como parella rexistrada sempre que se acredite algún dos seguintes supostos:
      • Que o matrimonio ou a situación de parella rexistrada durase polo menos tres anos ata o inicio do procedemento xudicial de nulidade do matrimonio, do divorcio ou cancelación da inscrición, e dos cales, polo menos, un ano transcorrese en España; ou
      • Por ter outorgada, por mutuo acordo ou decisión xudicial a custodia dos fillos do cidadán da Unión; ou
      • Por circunstancias particularmente difíciles como esta
        • Ser vítima de violencia de xénero durante o matrimonio ou a situación de parella rexistrada; ou
        • Por ser sometido a trata de seres humanos polo seu cónxuxe ou parella durante o matrimonio ou a situación de parella rexistrada; ou
      • Por acredita-la vixencia de resolución xudicial ou mutuo acordo entre as partes que determine o dereito de visita do familiar, ó fillo menor, que reside en España
  • O membro da familia deberá cumprir, ademais, unha das condicións seguintes:
  • Ser e ser traballador por conta allea en España, ou
  • Ser e ser traballador por conta propia en España, ou
  • Dispoñer e ter disposto de recursos económicos suficientes para si e os membros da súa familia para non converterse nunha carga para a asistencia social de España, e dun seguro de enfermidade público ou privado, contratado en España ou noutro país, que proporcione cobertura en España equivalente á proporcionada polo Sistema Nacional de Saúde, ou
  • Ser e ter sido estudante e estar matriculado nun centro público ou privado recoñecido ou financiado pola administración educativa para cursar estudos ou formación profesional, así como contar cun seguro de enfermidade público ou privado contratado en España ou noutro país que proporcione cobertura completa en España e garantir que dispón de recursos económicos suficientes para si e os membros da súa familia para non converterse nunha carga para a asistencia social de España.
  • SUPOSTO 4: residir en España como membro da familia de cidadán da Unión, que falece no curso da súa vida activa, con anterioridade á adquisición do dereito a residencia permanente, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:
  • Que o cidadán da Unión residise de forma continuada, na data do falecemento, polo menos dous anos.
  • Que o falecemento se debese a accidente de traballo ou enfermidade profesional.
  • Que o cónxuxe do cidadán da Unión fose cidadán español e perdese a nacionalidade española como consecuencia do matrimonio co falecido.


DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.

    • Impreso de solicitude en modelo oficial (EX- 19) ,debidamente cumprimentado e asinado polo familiar do cidadán da Unión.
    • Pasaporte completo válido e en vigor do familiar. No suposto de que estea caducado, deberá achegarse copia deste e da solicitude de renovación.
    • Unha fotografía recente en cor, en fondo branco, tamaño carné.
  • Dependendo do suposto:
  • SUPOSTO 1:
        • Documentación acreditativa da existencia de vínculo familiar co cidadán da Unión ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza e que continúan as mesmas circunstancias que deron dereito a obter tarxeta de familiar (estar a cargo, vivir co cidadán da Unión ou ser parella de feito estable)
        • Se é fillo do cidadán ou do seu cónxuxe ou parella maior de 21 anos,documentación acreditativa da súa condición de familiar a cargo ou dependente e, se é o caso, documentación acreditativa de dispor de asistencia sanitaria equivalente á proporcionada polo sistema nacional de saúde
        • Se é fillo menor de idade e non reside en España cos seus dous proxenitores,documentación acreditativa de estar a cargo ou dependente do cidadán da Unión ou do seu cónxuxe ou parella rexistrada
        • Se é ascendente do cidadán ou do seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada,documentación acreditativa da súa condición de familiar a cargo e de que existe unha situación real de dependencia financeira ou física, e, se é o caso, documentación acreditativa de dispor de cobertura sanitaria
        • Dependendo da actividade do cidadán da Unión:
          • Se o cidadán é traballador por conta allea poderá achegar calquera dos seguintes documentos:
            • Contrato de traballo rexistrado no Servizo Público de Emprego.
            • Informe de vida laboral ou consentimento da comprobación dos devanditos datos no ficheiro da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
          • Se o cidadán da Unión é traballador por conta propia poderá achegar calquera dos seguintes documentos:
            • Inscrición continuada no Censo de Actividades Económicas
            • Inscrición continuada no Rexistro Mercantil
            • Documento de alta ou situación asimilada á alta no correspondente réxime de Seguridade Social, ou consentimento da comprobación dos devanditos datos nos ficheiros da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria.
          • Se non se exerce actividade laboral en España deberase achegar:
            • Documentación acreditativa de dispor de seguro de enfermidade público ou privado, contratado en España ou noutro país, sempre que proporcione unha cobertura en España durante o seu período de residencia equivalente á proporcionada polo sistema nacional de saúde. Os pensionistas cumpren con esta condición achegando certificación de que dispoñen de asistencia sanitaria con cargo ao Estado polo que se percibe pensión.
            • Documentación que acredite dispoñer de recursos suficientes para el e para os seus familiares para o período de residencia en España. Poderase acreditar por calquera medio de proba admitido en dereito.
  • SUPOSTO 2:
        • Documentación acreditativa da vixencia do vínculo familiar co cidadán da Unión ou do Espazo Económico Europeo e que continúan as mesmas circunstancias que deron dereito á tarxeta de familiar (estar a cargo, vivir co cidadán da Unión ou ser parella de feito estable)
        • Se é fillo do cidadán da Unión ou do Espazo Económico Europeo ou do seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada maior de 21 anos,documentación acreditativa da súa condición de familiar a cargo, de que existe unha situación real de dependencia física ou financeira e, se é o caso, de dispor de asistencia sanitaria equivalente á proporcionada polo sistema nacional de saúde
        • Se é fillo menor de idade e non reside en España cos dous proxenitores,documentación acreditativa da súa condición de familiar a cargo do cidadán da Unión ou do seu cónxuxe ou parella rexistrada
        • Se é ascendente do cidadán da Unión ou do seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada documentación acreditativa da súa condición de familiar a cargo, de que existe unha situación de dependencia financeira ou física e, se é o caso, de dispor de asistencia sanitaria equivalente á proporcionada polo sistema nacional de saúde.
  • Documentación acreditativa de que o cidadán da Unión adquiriu o dereito a residencia permanente antes de que finalice o período de cinco anos.
  • SUPOSTO 3:
        • Certificado de defunción do cidadán da Unión, ou resolución xudicial que determine que o familiar é vítima de violencia de xénero ou vítima de trata de seres humanos, ou documentación acreditativa da extinción do vínculo familiar e, se é o caso,resolución xudicial ou mutuo acordo do dereito de visita do fillo.
        • Dependendo da actividade que realice o solicitante:
          • Se é traballador por conta allea poderá achegar calquera dos seguintes documentos:
            • Contrato de traballo rexistrado no correspondente Servizo Público de Emprego.
            • Informe da vida laboral ou consentimento para a comprobación dos datos no ficheiro da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
          • Se é traballador por conta propia poderá achegar calquera dos seguintes documentos:
            • Inscrición continuada no Censo de Actividades Económicas
            • Inscrición continuada no Rexistro Mercantil
            • Documento de alta ou situación de asimilada á alta no correspondente réxime de Seguridade Social ou consentimento da comprobación dos datos nos ficheiros da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria.
          • Se non se exerce actividade laboral en España deberase achegar:
            • Documentación acreditativa da tenza dun seguro de enfermidade público ou privado, contratado en España ou noutro país, sempre que proporcione unha cobertura en España durante o seu período de residencia equivalente á proporcionada polo sistema nacional de saúde. Os pensionistas cumpren con esta condición achegando certificación de dispoñer de asistencia sanitaria con cargo ao Estado polo que se percibe a pensión.
            • Documentación que acredite ter disposto de recursos suficientes para el e os seus familiares. Poderase acreditar por calquera medio de proba admitido en dereito.
          • Se é estudante deberase achegar:
            • Matrícula do centro de ensino público ou privado, recoñecido ou financiado pola administración educativa correspondente.
            • Documentación que acredite dispor de seguro de enfermidade público ou privado. Poderá achegar tarxeta sanitaria europea cunha validez que cubra o período de residencia e o habilite a recibir as prestacións sanitarias necesarias
            • Declaración responsable de que posúe recursos suficientes para si e para os membros da súa familia. Considerarase suficiente para o cumprimento destes requisitos a presentación de documentación acreditativa de participar nun programa da Unión Europea que favoreza o intercambio educativo para estudantes e profesores
  • SUPOSTO 4:
      • Certificado de defunción do cidadán da Unión
      • Documentación acreditativa de que o cidadán faleceu no curso da súa vida activa e, se é o caso, debido a accidente de traballo ou enfermidade profesional,ou documentación acreditativa de que o cónxuxe do cidadán perdese a nacionalidade española como consecuencia do matrimonio co falecido.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Cando se trate de formularios estándares da Unión Europea non será necesaria nin a súa tradución, nin a súa legalización de conformidade co disposto na normativa comunitaria que os ampara. Por exemplo: modelos de asistencia sanitaria S1, E109, E121, etc.

Por outro lado,todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude: o familiar de cidadán da Unión ou doutro Estado parte, persoalmente ou mediante representación.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:
    • Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría correspondente á provincia en que resida o solicitante, ou no seu defecto na Comisaría correspondente.
    • Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio).

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • No suposto de caducidade da tarxeta, a solicitude deberase presentar dentro do mes anterior á caducidade da tarxeta de residencia, podendo tamén presentarse dentro dos tres meses posteriores sen prexuízo da sanción administrativa que corresponda. Entregaráse un resgardo acreditativo da presentación da solicitude que é suficiente para acreditar a situación de estancia legal ata a entrega da tarxeta.
  • A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https:

  • A expedición da tarxeta de residencia deberá realizarse no prazo dos tres meses seguintes á presentación da solicitude.
  • Validez da tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión: a tarxeta ten unha validez de dez anos a partir da data de expedición, e será automaticamente renovada.