Subvenciones de proyectos para atención a personas solicitantes y beneficiarias de protección internacional, del estatuto de apátrida y de protección temporal - Migracións
2015- Subvencións de proxectos para atención a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, do estatuto de apátrida e de protección temporal
Resolución da convocatoria
Resolución do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións de proxectos para atención a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, do estatuto de apátrida e de protección temporal.
Obxecto das subvencións
O obxectivo xeral da convocatoria é impulsar as accións dirixidas a acoller e integrar a persoas solicitantes e beneficiarias de Protección Internacional, do Estatuto de Apátrida e de Protección Temporal.
Os proxectos obxecto de financiamento serán os relacionados con:
- Condicións de acollida e procedementos de asilo.
- Avaliación/Mellora na calidade da toma de decisións en procedementos de asilo.
- Reasentamento.
- Proxectos que fomenten a empregabilidade, a inclusión social e a igualdade entre homes e mulleres pertencentes ao grupo destinatario das actuacións.
Entidades Benificiarias
As entidades ou organizacións non gobernamentais e organismos internacionais que concorran á convocatoria deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 4 da Orde ESS/1423/2012 de 29 xuño:
- Ter como fins institucionais primordiais a realización de actividades a favor dos colectivos citados no artigo 1.
- Carecer de fins de lucro.
- Ter ámbito de actuación estatal, excepto aquelas organizacións cuxo ámbito territorial de actuación sexa Ceuta e Melilla.
- Deberán estar legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro administrativo estatal.
- Dispoñer da estrutura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria.
Non ter reintegrado máis do 40 por cento das axudas e subvencións recibidas en calquera das últimas cinco convocatorias.
Destinatarios do proxecto
Solicitantes e beneficiarios de Protección Internacional, do estatuto de apátrida e de protección temporal en España.
Prazo de presentación de solicitudes
De conformidade co artigo 6 da Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño, as solicitudes para participar na presente convocatoria deberán presentarse no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente Resolución no Boletín Oficial del Estado (04/07/2015). As solicitudes poderán ser presentadas na sede da Dirección Xeral de Migracións, rúa José Abascal, nº 39, 28003 Madrid, así como nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Tendo en conta que se trata de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, co fin de poder valoralas conxuntamente e resolvelas no prazo previsto, se as solicitudes se presentasen noutro rexistro diferente do da sede da Dirección Xeral de Migracións, a entidade deberá comunicar este feito á Subdirección Xeral de Integración dos Inmigrantes mediante correo electrónico.
Prazo de execución dos proxectos
O prazo de execución dos proxectos subvencionados pola presente convocatoria estará comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2016.
Cando se trate de proxectos de continuidade, poderá estenderse desde a data de finalización da execución real do programa subvencionado na convocatoria anterior ata o 30 de xuño de 2016, nos termos previstos na Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño.
Bases reguladoras da convocatoria
Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións na área de integración dos inmigrantes, solicitantes e beneficiarios de protección internacional, apátridas e protección temporal. (BOE 30/6/2012)
Modificación Orde ESS/1423/2012 (BOE 11/02/2017)
Formularios
Aquí poderanse atopar todos os documentos necesarios para cumprimentar a solicitude, a tramitación e a xustificación da subvención.
-
Resolución do 20 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións de proxectos para atención a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, do estatuto de apátrida e de protección temporal.
Anuncio celebración sesión informativa.
Resolución do 6 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se publica o crédito dispoñible e a distribución definitiva dos créditos da convocatoria de subvencións de proxectos para atención a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, do estatuto de apátrida e de protección temporal, realizada por Resolución do 20 de maio de 2015
-
- Anexo I
- Anexo II
- Anexo III
- Anexo III Táboas
- Anexo IV
- Anexo V
- Anexo VI
- Art.
- Declaración responsable de estar ao día de obrigas tributarias
- Declaración responsable de estar ao corrente de obrigas coa Seguridade Social
- Declaración responsable de non estar incursa en prohibicións para ser beneficiario de subvencións
- Autorización para que a Dirección Xeral de Migracións solicite por medios telemáticos os datos relativos á identidade,
-
-
