Trámites que se poden realizar por Internet

A continuación indícanse os trámites de estranxeiría que se poden realizar por Internet, nas páxinas web dos distintos ministerios competentes:

  • A través deste servizo poderá solicitar por Internet cita previa para a presentación de solicitudes ante as oficinas de estranxeiros, para aqueles procedementos e oficinas en que estea habilitada esta opción (atopará un despregable cos procedementos e oficinas en que está habilitada)

  • A través deste servizo pode acceder aos formularios de taxas de estranxeira.Se dispón de certificado dixital ou DNI electrónico poderá realizar o pagamento e enviar a liquidación por Internet. Se non dispón del, pode encher e imprimir o formulario para o pagamento nunha entidade colaboradora.

    Hai dous formularios de taxas en materia de estranxeira:

    • Taxa 052: Tramitación de autorizacións de residencia e outra documentación a cidadáns estranxeiros. A través deste formulario pódense pagar as taxas correspondentes a autorizacións de estadía, residencia e documentación, que corresponde aboar ao cidadán estranxeiro.
    • Taxa 062: Tramitación de autorizacións de traballo a cidadáns estranxeiros. A través deste formulario pódense pagar as taxas correspondentes a autorizacións de traballo, que corresponde aboar ao empregador (salvo autorizacións de traballo por conta propia, en que corresponde aboala ao propio estranxeiro).

     

  • Neste servizo poderá consultar o estado actual no que se atopa a súa autorización de estranxeiría (en trámite ou resolta). Para iso deberá indicar o seu NIE ou o seu número de expediente, así como datos da súa solicitude.

    A información facilitada ten carácter meramente informativo e limítase a en que estado se atopa o seu expediente: en trámite ou resolto. A través deste servizo non se realizan notificacións.

    O servizo non está dispoñible para cidadáns da Unión Europea e os seus familiares (que poderán consultar o estado do seu expediente na oficina onde se tramitou a súa solicitude).

    Asegúrese de introducir correctamente os datos que se solicitan. Se non atopa o seu expediente é posible que aínda non fose gravado (se presentou a súa solicitude recentemente) ou algún dos datos introducidos sexa erróneo. En calquera caso pode solicitar información a oficina de estranxeiría.

    Tamén é posible obter información do estado de tramitación do seu expediente a través do teléfono móbil, enviando unha mensaxe SMS (sen custo adicional) , seguindo as instrucións que se indican

  • A través deste servizo pode presentar a s olicitud da súa autorización.Para facelo deberá contar con certificado dixital ou DNI electrónico.

    Pode presentar a través deste servizo solicitudes das seguintes autorizacións:

    • Solicitude de autorización de estancia e prórrogas.
    • Solicitude de autorización de residencia temporal por reagrupamento familiar.
    • Solicitude de autorización de residencia temporal e traballo por conta allea.
    • Solicitude de autorización de residencia ou residencia e traballo por circunstancias excepcionais.
    • Solicitude de tarxeta de residencia de familiar de cidadán da UE.
    • Documento de residencia Artigo 50 TUE para nacionais do Reino Unido (emitido de conformidade co artigo 18.4 do Acordo de retirada).
    • Documento de residencia Artigo 50 TUE para familiares de nacionais do Reino Unido (emitido de conformidade co artigo 18.4 do Acordo de retirada)
    • Documento Artigo 50 TUE para traballador fronteirizo nacional do Reino Unido (emitido de conformidade co artigo 26 do Acordo de retirada).

     

  • A través deste servizo pode presentar a solicitude de renovación da súa autorización ou solicitar unha autorización de residencia de longa duración. Para facelo deberá contar con certificado dixital ou DNI electrónico.

    Pode presentar a través deste servizo solicitudes das seguintes autorizacións:

    • Autorización de residencia de longa duración por ter residido en España durante 5 anos de forma continuada.
    • Renovación de autorización de residencia temporal e traballo por conta allea.
    • Renovación de autorización de residencia temporal e traballo por conta propia.
    • Renovación de autorización de residencia non lucrativa.
    • Renovación de autorización de residencia por reagrupamento familiar.
    • Renovación de autorización de residencia e traballo como traballador altamente cualificado (Tarxeta azul).
    • Renovación de autorización de residencia e traballo para investigadores.
    • Renovación de autorización de residencia con excepción á autorización de traballo.
    • Modificación de autorización de residencia por circunstancias excepcionais por razóns de arraigamento laboral, arraigamento social con habilitación para traballar, arraigamento familiar ou calquera outro caso en que o titular obtivese autorización para traballar, a autorización de residencia e traballo por conta allea ou por conta propia.

    Para acceder ao sistema debe estar vostede en prazo para presentar a solicitude. Isto é, 60 días anteriores ou 90 días posteriores á data de finalización de vixencia da súa autorización.

  • Este servizo permite achegar documentación a través de Internet nos expedientes que teña en tramitación. Para iso necesita certificado dixital.

    Para iso deberá asinar dixitalmente, co seu certificado dixital, os documentos que presente, seguindo as indicacións que a aplicación lle irá dando.

    A presentación por esta vía ten os mesmos efectos que a presentación nun rexistro público. É importante que imprima ou garde o comprobante da presentación.

    Tamén dispón dun acceso de consulta para comprobar que documentación achegou e descargar o comprobante dos documentos que presentase.

  • Se ao presentar unha solicitude de estranxeiría optou por esta opción ou pertence a un dos obrigados colectivos, as notificacións dos actos e resolucións sobre o seu expediente realizaranse poñendo á súa disposición na sede electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Para consultar as súas notificacións debe acceder, co seu certificado dixital ou DNI electrónico, á sección “os meus expedientes” na sede electrónica.

    • Que é a notificación por comparecencia?

      Consiste na recepción de comunicacións e resolucións relativas a solicitudes que presentase por medio da posta a disposición dos devanditos documentos, en formato electrónico, na sede electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (http://sede.mpt.gob.es) , á que o cidadán pode acceder, co seu certificado dixital ou DNI electrónico.

    • En que momento se entende practicada a notificación?

      Cando o cidadán accede ao contido da notificación, esta enténdese practicada. Se non accede no prazo de 10 días naturais, a notificación enténdese rexeitada e continuarase a tramitación do procedemento e empezan a contar os prazos para interpoñer os recursos que correspondan.

    • Quen recibe notificacións por este medio?

      Notificarase por esta vía a dous tipos de interesados:

      • Os que marcaron no modelo de solicitude o consentimento a este tipo de notificación.
      • Os que, aínda que non desen o seu consentimento, estean obrigados a recibir notificacións por esta vía, de acordo coa Lei orgánica 4/2000: persoas xurídicas e determinados colectivos por razón da súa capacidade (en concreto: xestores administrativos, avogados, graduados sociais e técnicos tributarios).
    • Quen pode acceder á notificación?

      A notificación practícase ao titular do NIF que se indique no apartado “domicilio para efectos de notificacións” do modelo de solicitude ou, no seu defecto, ao solicitante. Poderase acceder cun certificado dixital correspondente a ese NIF.

    • Como pode consultar se teño unha notificación pendente?

      Para consultar as súas notificacións debe acceder, co seu certificado dixital ou DNI electrónico, á sección “os meus expedientes” na sede electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (https://sede.administracionespublicas.gob.es /).

      É conveniente que no modelo de solicitude encha os campos “teléfono móbil” ou “e-mail” para que se lle envíe un aviso cando teña notificacións pendentes.